Deseño
Este documento inclúe os diferentes diagramas, esquemas e deseños que axuden a describir mellor o proxecto detallando os seus compoñentes, funcionalidades, bases de datos e interface.
O documento a elaborar debería incluír os seguintes apartados:
Diagrama da arquitectura
Incluír os diagramas de arquitectura que representen de forma gráfica a aplicación, os seus compoñentes e a súa interrelación: bases de datos, nube, microservizos, etc.
Diagrama de Base de Datos
Neste apartado incluiranse os diagramas relacionados coa Base de Datos:
- Modelo Entidade/relación
- Modelo relacional
Pódese entregar a captura do phpMyAdmin se se emprega MariaDB como Modelo relacional.
Deseño de interface de usuarios
Neste apartado deben incluírse os deseños das diferentes interfaces da aplicación. Estes deseños deben incluír todas as vistas da aplicación, é dicir, todas as páxinas diferentes que unha persoa usuaria (de calquera tipo) vai poder ver. Tamén se debe incluír información de como navegar dunha ventá a outra.
Estes diagramas axudan no deseño da aplicación. Poden facerse á man, cunha aplicación ou a través dunha web do estilo: diagrams