En liñas xerais, o Módulo de Proxecto pretende complementar o aprendido no conxunto dos módulos do ciclo, poñendo en práctica as competencias adquiridas no contexto dun proxecto de desenvolvemento de software escollido e definido polo alumnado.
En concreto, o que se pretende é contrastar aquelas competencias profesionais relacionadas coas fases de análise, deseño, planificación, xestión e implantación dun proxecto orientado ao desenvolvemento dun produto software. Do mesmo xeito, tamén se pretende facer un achegamento á iniciativa emprendedora, a partires do desenvolvemento dun estudo de necesidades e da elaboración dun modelo de negocio que valore as posibilidades de comercialización do produto.
## FASES
Elaborarase un **único documento** no que se irá engadindo a información correspondente a cada unha das fases. De forma opcional pódense incluír documentos anexos.
Inicialmente debedes decidir en que vai consistir o voso proxecto, que ides construír.
Tamén debedes decidir se lle ides dar un enfoque de xestión de proxecto, elaborando a documentación correspondente, ou un enfoque máis orientado á creación dun prototipo. No caso de que elixades a opción de prototipado simplifícase a documentación a preparar.
## ASPECTOS TÉCNICOS
Está creada unha incidencia por cada apartado do proxecto. É posible que vós non teñades que realizar algunha das incidencias que se mostran, dependendo do tipo de proxecto que elexistes.
En moitas das incidencias hai documentos anexos de axuda para levar a cabo as tarefas que se piden.
Hai que ir movendo as incidencias no taboeiro, indicando o seu estado: en desenvolvemento ou finalizadas.
Elaborarase un **único documento** no que se irá engadindo a información correspondente a cada unha das fases. De forma opcional pódense incluír documentos anexos.
Cada vez que se finalicen os apartados correspondentes a unha entrega, débese copiar o documento actualizado en .... para a súa revisión por parte do profesorado titor.
Cada vez que teñades listo un prototipo : -->>>> Poñer instruccións relativas á entrega ou aviso para que o corrixamos, veñen ben tamén instruccións para o profesorado.
## CALENDARIO DE ENTREGAS
### Nota importante
É posible que se realicen modificacións nas datas cando recibamos información concreta da Consellería de Educación acerca da organización do terceiro trimestre.
### Alumnado que vai crear un prototipo.
*[Idea do proxecto](Idea de proxecto): 14 de abril.
*[Fase de análise](Fase de analise): 21 de abril.
*[Fase de deseño](Fase de deseno): 5 de maio.
*[Creación da aplicación](Creacion da aplicacion):
- Primeiro Prototipo: 19 de maio.
- Segundo prototipo: 2 de xuño.
- Terceiro prototipo: 12 de xuño.
*[Documentacion Final](Documentacion final): 15 de xuño.
*[Defensa do proxecto](Defensa do proxecto): 16 de xuño.
### Alumnado cun enfoque documental do proxecto.
*[Idea do proxecto](Idea de proxecto): semana 1.
*[Estudo de necesidades e modelo de negocio](Estudo de necesidades e modelo de negocio): semana 2.
*[Fase de análise](Fase de analise): semana 3.
*[Fase de deseño](Fase de deseno): semana 4.
*[Fase de planificación do proxecto](Fase de planificacion): semana 6
*[Fase de implantación](Fase de implantancion): semana 7