... | ... | @@ -2,56 +2,6 @@ |
|
|
|
|
|
## [DAM ORDINARIO](DAM Ordinario)
|
|
|
|
|
|
## RESUMO
|
|
|
En liñas xerais, o Módulo de Proxecto pretende complementar o aprendido no conxunto dos módulos do ciclo, poñendo en práctica as competencias adquiridas no contexto dun proxecto de desenvolvemento de software escollido e definido polo alumnado.
|
|
|
|
|
|
En concreto, o que se pretende é contrastar aquelas competencias profesionais relacionadas coas fases de análise, deseño, planificación, xestión e implantación dun proxecto orientado ao desenvolvemento dun produto software. Do mesmo xeito, tamén se pretende facer un achegamento á iniciativa emprendedora, a partires do desenvolvemento dun estudo de necesidades e da elaboración dun modelo de negocio que valore as posibilidades de comercialización do produto.
|
|
|
|
|
|
## FASES
|
|
|
Elaborarase un **único documento** no que se irá engadindo a información correspondente a cada unha das fases. De forma opcional pódense incluír documentos anexos.
|
|
|
|
|
|
Inicialmente debedes decidir en que vai consistir o voso proxecto, que ides construír.
|
|
|
|
|
|
Tamén debedes decidir se lle ides dar un enfoque de xestión de proxecto, elaborando a documentación correspondente, ou un enfoque máis orientado á creación dun prototipo. No caso de que elixades a opción de prototipado simplifícase a documentación a preparar.
|
|
|
|
|
|
## ASPECTOS TÉCNICOS
|
|
|
Está creada unha incidencia por cada apartado do proxecto. É posible que vós non teñades que realizar algunha das incidencias que se mostran, dependendo do tipo de proxecto que elexistes.
|
|
|
|
|
|
En moitas das incidencias hai documentos anexos de axuda para levar a cabo as tarefas que se piden.
|
|
|
|
|
|
Hai que ir movendo as incidencias no taboeiro, indicando o seu estado: en desenvolvemento ou finalizadas.
|
|
|
|
|
|
Elaborarase un **único documento** no que se irá engadindo a información correspondente a cada unha das fases. De forma opcional pódense incluír documentos anexos.
|
|
|
|
|
|
Cada vez que se finalicen os apartados correspondentes a unha entrega, débese copiar o documento actualizado en .... para a súa revisión por parte do profesorado titor.
|
|
|
|
|
|
Cada vez que teñades listo un prototipo : -->>>> Poñer instruccións relativas á entrega ou aviso para que o corrixamos, veñen ben tamén instruccións para o profesorado.
|
|
|
|
|
|
## CALENDARIO DE ENTREGAS
|
|
|
### Nota importante
|
|
|
É posible que se realicen modificacións nas datas cando recibamos información concreta da Consellería de Educación acerca da organización do terceiro trimestre.
|
|
|
|
|
|
### Alumnado que vai crear un prototipo.
|
|
|
* [Idea do proxecto](Idea de proxecto): 14 de abril.
|
|
|
* [Fase de análise](Fase de analise): 21 de abril.
|
|
|
* [Fase de deseño](Fase de deseno): 5 de maio.
|
|
|
* [Creación da aplicación](Creacion da aplicacion):
|
|
|
- Primeiro Prototipo: 19 de maio.
|
|
|
- Segundo prototipo: 2 de xuño.
|
|
|
- Terceiro prototipo: 12 de xuño.
|
|
|
* [Documentacion Final](Documentacion final): 15 de xuño.
|
|
|
* [Defensa do proxecto](Defensa do proxecto): 16 de xuño.
|
|
|
|
|
|
### Alumnado cun enfoque documental do proxecto.
|
|
|
* [Idea do proxecto](Idea de proxecto): semana 1.
|
|
|
* [Estudo de necesidades e modelo de negocio](Estudo de necesidades e modelo de negocio): semana 2.
|
|
|
* [Fase de análise](Fase de analise): semana 3.
|
|
|
* [Fase de deseño](Fase de deseno): semana 4.
|
|
|
* [Fase de planificación do proxecto](Fase de planificacion): semana 6
|
|
|
* [Fase de implantación](Fase de implantancion): semana 7
|
|
|
* [Documentacion Final](Documentacion final): semana 8.
|
|
|
* [Defensa do proxecto](Defensa do proxecto): Data por determinar.
|
|
|
|
|
|
# GITLAB
|
|
|
|
|
|
Gitlab é unha plataforma para a creación, seguimento e desenvolvemento de proxectos baseado en boas prácticas e no uso de ferramentas libres e estandarizadas de xestión do ciclo de vida do proxecto e dos artefactos creados, coma por exemplo o ćodigo fonte. Está baseada en repositorios git, pero engade moitas máis funcionalidades interesantes.
|
... | ... | |