|
|
## RESUMO
|
|
|
En liñas xerais, o Módulo de Proxecto pretende complementar o aprendido no conxunto dos módulos do ciclo, poñendo en práctica as competencias adquiridas no contexto dun proxecto de desenvolvemento de software escollido e definido polo alumnado.
|
|
|
|
|
|
En concreto, o que se pretende é contrastar aquelas competencias profesionais relacionadas coas fases de análise, deseño, planificación, xestión e implantación dun proxecto orientado ao desenvolvemento dun produto software. Do mesmo xeito, tamén se pretende facer un achegamento á iniciativa emprendedora, a partires do desenvolvemento dun estudo de necesidades e da elaboración dun modelo de negocio que valore as posibilidades de comercialización do produto.
|
|
|
|
|
|
## FASES
|
|
|
|
|
|
Inicialmente debedes decidir en que vai consistir o voso proxecto, que ides construír.
|
|
|
|
|
|
A documentación que teredes que entregar elaborarase usando como base os documentos "plantilla" que están no repositorio, no directorio "templates". Nesa plantilla atoparedes tódolos apartados dos documentos a cubrir e as fases a seguir para o desenrolo do proxecto.
|
|
|
|
|
|
No repositorio, no directorio "material_axuda" dispoñedes de documentos que poden orientar na realización do proxecto.
|
|
|
|
|
|
## ASPECTOS TÉCNICOS
|
|
|
Está creado un documento no repositorio a modo de template (plantilla) por cada apartado do proxecto.
|
|
|
|
|
|
A modo de axuda e organización, podedes utilizar o taboeiro do proxecto, indicando o seu estado: en desenvolvemento ou finalizadas.
|
|
|
|
|
|
Podedes consultar información máis detallada nos "README.md" do repositorio. Este arquivo teredes que cubrilo cando teñades rematado o proxecto ou tamén se poderá cubrir a medida que ides realizando o proxecto.
|
|
|
|
|
|
## CALENDARIO DE ENTREGAS
|
|
|
|
|
|
* [Estudo preliminar](doc/templates/1_estudo_preliminar.md): semana 1.
|
|
|
* [Análise](doc/templates/2_analise.md): requerimentos do sistema: semana 2.
|
|
|
* [Deseño](doc/templates/3_deseno.md): semana 3
|
|
|
* [Codificación e probas](doc/templates/4_codificacion_probas.md): semana 4-8
|
|
|
* [Defensa do proxecto](Defensa-do-proxecto): Data por determinar. |
|
|
\ No newline at end of file |