|
|
# Proxecto Fin de Ciclo de Desenvolvemento de Aplicacións Web
|
|
|
|
|
|
## Resumo
|
|
|
|
|
|
En liñas xerais, o Módulo de Proxecto pretende complementar o aprendido no conxunto dos módulos do ciclo, poñendo en práctica as competencias adquiridas no contexto dun proxecto escollido e definido polo alumnado.
|
|
|
|
|
|
En concreto, o que se pretende por medio do módulo de proxecto é contrastar aquelas competencias profesionais relacionadas coas actividades que interveñen no desenvolvemento dun proxecto do ámbito profesional no que se integrará o alumnado cando se incorpore ao mercado laboral, como análise, deseño, planificación, xestión e implantación dun proxecto de desenvolvemento web.
|
|
|
|
|
|
O tempo de dedicación que se debe estimar para a realización deste módulo de proxecto será o equivalente a 5 créditos ECTS, o que ven sendo aproximadamente 125 horas de traballo ideais.
|
|
|
|
|
|
## Fases
|
|
|
|
|
|
Inicialmente, o alumnado terá que entregar un **anteproxecto** (programación do proxecto) que será validada polo equipo docente do ciclo. Aquí débese decidir en que vai consistir o proxecto, que é o que se construirá ou deseñará.
|
|
|
|
|
|
Tamén débese decidir se terá un enfoque **documental**, que consistirá fundamentalmente en elaborar unha documentación detallada coa planificación e deseño do proxecto; ou un enfoque orientado á **creación dun entregable**, o que simplificaría a documentación pero implicaría ter que desenvolver unha primeira versión funcional da aplicación.
|
|
|
|
|
|
**Non entregar** a programación dentro do periodo indicado suporá a **renuncia á presentación** do proxecto na convocatoria en curso. A **entrega final deberá respetar estes requisitos** aprobados polo profesorado.
|
|
|
|
|
|
As posteriores entregas realizaranse sempre a través do **repositorio git** creado para cada un. Este repositorio atópase na plataforma de [gitlab do centro](https://gitlab.iessanclemente.net).
|
|
|
|
|
|
No caso de ser documental, a documentación elaborarase usando como base os documentos "plantilla" que están no repositorio git, no directorio "templates".
|
|
|
|
|
|
No caso dun entregable, terase que entregar no repositorio o código e todo o preciso para realizar o despregue ou implantación do proxecto, además dunha breve documentación do código elaborado.
|
|
|
|
|
|
En ambos casos, será necesario redactar o docuemnto README que está na raíz do repositorio, sendo a carta de presentación do autor e do proxecto.
|
|
|
|
|
|
### Planificación
|
|
|
|
|
|
##### Proxecto cun entregable
|
|
|
|
|
|
- [Anteproxecto](daw_distancia/DAWD-1-Anteproxecto): semana 2.
|
|
|
- [Creación do entregable](daw_distancia/DAWD-5-Entregable):
|
|
|
- Primeira *Review*: semana 4.
|
|
|
- Segunda *Review*: semana 6.
|
|
|
- Terceira *Review*: semana 9.
|
|
|
- [Documentacion Final](daw_distancia/DAWD-6-Documentación-final): semana 11.
|
|
|
- [Defensa do proxecto](daw_distancia/DAWD-7-Defensa): semana 12.
|
|
|
|
|
|
#### Proxecto documental
|
|
|
|
|
|
- [Anteproxecto](daw_distancia/DAWD-1-Anteproxecto): semana 2.
|
|
|
- [Fase de análise](daw_distancia/DAWD-2-Análise) e [Fase de planificación do proxecto](daw_distancia/DAWD-3-Planificación): semana 6.
|
|
|
- [Fase de deseño](daw_distancia/DAWD-4-Deseño) e [Fase de implantación](daw_distancia/DAWD-5-Implantación): semana 10
|
|
|
- [Documentacion Final](daw_distancia/DAWD-6-Documentación-final): semana 11.
|
|
|
- [Defensa do proxecto](daw_distancia/DAWD-7-Defensa): semana 12.
|
|
|
|
|
|
## Fitos principais
|
|
|
|
|
|
| **Fito** | **Data límite** |
|
|
|
| -- | -- |
|
|
|
| Anteproxecto | 20 de setembro |
|
|
|
| Entrega final | 14 de decembre |
|
|
|
| Defensas | 18 e 19 de decembro |
|
|
|
|
|
|
## Defensa
|
|
|
|
|
|
Tanto data, aula como hora será enviado uns días via email. E debese estar 15 minutos antes da hora indicada.
|
|
|
*Tempo de exposición**: 10 a 15 minutos, que incluirá unha demo do proxecto. Reservarase 5 minutos para preguntas e rogos.
|
|
|
*Formato**: libre. Pódense apoiar na documentación do repositorio, crear unhas diapositivas etc... Exclúese vídeo.
|
|
|
|
|
|
## Avaliación
|
|
|
|
|
|
Farase a partir dunha rúbrica, onde se avaliará estes tres piares fundamentais:
|
|
|
- Complexidade e tecnoloxías do proxectos xunto ao seu funcionamento.
|
|
|
- Seguimento continuo ao longo dos meses de desenvolvemento do proxecto.
|
|
|
- Defensa/Exposición. |