|
|
# Orzamento
|
|
|
|
|
|
Cando realizar o orzamento:
|
|
|
|
|
|
- **Antes de comezar o estudo preliminar**, realiza un orzamento para as fases de estudo preliminar, análise e deseño.
|
|
|
- **Unha vez realizadas esas tres fases**, remata de completar o orzamento co custo da fase de execución.
|
|
|
|
|
|
Realizar o orzamento do proxecto é relativamente fácil se a planificación está ben elaborada. Neste caso, dispoñerase dun custo por cada actividade e a suma do custo de todas as actividades será o custo total do proxecto.
|
|
|
|
|
|
Para establecer os custos do proxecto téñense en conta diferentes conceptos:
|
|
|
|
|
|
- Materiais que se utilizan: material funxible, materias primas, materiais didácticos, roupa de traballo…
|
|
|
- Man de obra: custos relacionados co equipo humano involucrado no proxecto.
|
|
|
- Alugueiro/compra de ferramentas, maquinaria, equipos informáticos e/ou audiovisuais…
|
|
|
- Alugueiro/compra de locais
|
|
|
- Contratos de subministracións: auga, luz, electricidade, gas… Subcontratacións
|
|
|
- Gastos de publicidade.
|
|
|
- Seguros.
|
|
|
|
|
|
O maior custo no proxecto case sempre corresponde ás persoas, polo que é importante controlar o número de horas que se invisten en cada actividade para que non aparezan desaxustes no orzamento. Tamén hai que coidar as subcontratacións; convén que traballen cun orzamento establecido.
|
|
|
|
|
|
Tamén é interesante investigar as posibles axudas e subvencións ás que se pode optar.
|
|
|
|
|
|
A continuación preséntanse dúas opción de táboa para facilitar a creación do orzamento do proxecto:
|
|
|
|
|
|
| Descrición | Prezo unitario | Cantidade | Prezo total |
|
|
|
| -- | -- |-- | -- |
|
|
|
| -- | -- |-- | -- |
|
|
|
|
|
|
Outro exemplo de orzamento por partidas de inversión/gastos:
|
|
|
|
|
|
## A) INVERSIÓNS
|
|
|
|
|
|
| Descrición | Prezo unitario |
|
|
|
| -- | -- |
|
|
|
|Gastos de establecemento e gastos de constitución
|
|
|
|Total inmobilizacións inmateriais
|
|
|
|Terreos
|
|
|
|Construcións
|
|
|
|Instalacións técnicas
|
|
|
|Maquinaria
|
|
|
|Ferramentas
|
|
|
|Mobiliario e instalacións
|
|
|
|Equipos informáticos
|
|
|
|Elementos de transporte
|
|
|
|Outro inmobilizado material
|
|
|
|Total inmobilizacións materiais
|
|
|
|Outros gastos a distribuír en varios exercicios
|
|
|
|**TOTAL INVERSIÓNS:**
|
|
|
|
|
|
## B) GASTOS
|
|
|
|
|
|
| Descrición | Prezo unitario |
|
|
|
| -- | -- |
|
|
|
|Compras de materiais
|
|
|
|Obrigas fiscais
|
|
|
|Arrendamentos
|
|
|
|Prevención de riscos
|
|
|
|Publicidade, propaganda e relacións públicas
|
|
|
|Persoal
|
|
|
|Reparacións e conservación
|
|
|
|Servizos de profesionais independentes
|
|
|
|Outros gastos xerais
|
|
|
|Gastos financeiros
|
|
|
|Amortizacións
|
|
|
|Gastos de xestión e administración
|
|
|
|**TOTAL GASTOS:**
|
|
|
|
|
|
|TOTAL ORZAMENTO:
|
|
|
|--| |