|
|
## RESUMO
|
|
|
|
|
|
En liñas xerais, o Módulo de Proxecto pretende complementar o aprendido no conxunto dos módulos do ciclo, poñendo en práctica as competencias adquiridas no contexto dun proxecto escollido e definido polo alumnado.
|
|
|
|
|
|
En concreto, o que se pretende é contrastar aquelas competencias profesionais relacionadas coas fases de análise, deseño, planificación, xestión e implantación dun proxecto orientado á administración de sistemas, prestación de servizos IT ou desenvolvemento de solucións relacionadas cos contidos aprendidos no ciclo de ASIR. Do mesmo xeito, tamén se pretende facer un achegamento á iniciativa emprendedora, a partires do desenvolvemento dun estudo de necesidades e da elaboración dun modelo de negocio que valore as posibilidades de comercialización do produto.
|
|
|
|
|
|
## FASES
|
|
|
|
|
|
Inicialmente debedes decidir en que vai consistir o voso proxecto, que é o que ides construír ou deseñar.
|
|
|
|
|
|
Tamén debedes decidir se lle ides dar un enfoque orientado á xestión de proxecto, que consistirá fundamentalmente en elaborar unha documentación detallada coa planificación e deseño do proxecto, ou un enfoque máis orientado á creación dun entregable, o que simplificaría a documentación pero implicaría o desenvolvemento dun servizo ou produto.
|
|
|
|
|
|
A documentación elaborarase usando como base os documentos "plantilla" que están no repositorio, no directorio "templates".
|
|
|
|
|
|
No repositorio, no directorio "material_axuda" dispoñedes de documentos que poden orientar na realización do proxecto.
|
|
|
|
|
|
## ASPECTOS TÉCNICOS
|
|
|
|
|
|
Está creado un documento no repositorio a modo de template (plantilla) por cada apartado do proxecto. É posible que vós non teñades que realizar todas as tarefas do template, dependendo do tipo de proxecto que elexísedes.
|
|
|
|
|
|
A modo de axuda e organización, podedes utilizar o taboeiro do proxecto, indicando o seu estado: en desenvolvemento ou finalizadas.
|
|
|
|
|
|
Podedes consultar información máis detallada nos "README.md" do repositorio.
|
|
|
|
|
|
## CALENDARIO DE ENTREGAS
|
|
|
|
|
|
### Alumnado que vai desenvolver un entregable.
|
|
|
|
|
|
* [Anteproxecto](/documentacion/doc/-/wikis/Anteproxecto): semana 2.
|
|
|
* [Creación do entregable](/documentacion/doc/-/wikis/Desenvolvemento-do-entregable):
|
|
|
* Primeira *Review*: semana 4.
|
|
|
* Segunda *Review*: semana 6.
|
|
|
* Terceira *Review*: semana 9.
|
|
|
* [Documentacion Final](/documentacion/doc/-/wikis/Documentacion-final): semana 11.
|
|
|
* [Defensa do proxecto](/documentacion/doc/-/wikis/Defensa-do-proxecto): semana 12.
|
|
|
|
|
|
### Alumnado cun enfoque documental do proxecto.
|
|
|
|
|
|
* [Anteproxecto](/documentacion/doc/-/wikis/Anteproxecto): semana 2.
|
|
|
* [Estudo de necesidades e modelo de negocio](/documentacion/doc/-/wikis/Estudo-de-necesidades-e-modelo-de-negocio): semana 2.
|
|
|
* [Fase de análise] (/documentacion/doc/-/wikis/Fase-de-analise) e [Fase de deseño](/documentacion/doc/-/wikis/Fase-de-deseno): semana 6.
|
|
|
* [Fase de planificación do proxecto](/documentacion/doc/-/wikis/Fase-de-planificacion) e [Fase de implantación](/documentacion/doc/-/wikis/Fase-de-implantancion): semana 10
|
|
|
* [Documentacion Final](/documentacion/doc/-/wikis/Documentacion-final): semana 11.
|
|
|
* [Defensa do proxecto](/documentacion/doc/-/wikis/Defensa-do-proxecto): semana 12. |
|
|
\ No newline at end of file |